lunes, 21 de febrero de 2011

A nosa semá solidaria


O instituto Terra de Trasancos volve a sorprender a sociedade coa chamada “Sema Solidaria”, realizada dende o 31 de Janeiro ata o 4 de febreiro.Nesta semana todos os alumnos participaron en distintas actividades solidarias, tales como charlas sobre a pobreza de Guatemala, o charlas sobre o papel da muller en distintos países, e incluso alumnos voluntarios crearon un “Mercadillo de troco”, onde os alumnos levan cousas a instituto para intercambialas con outros; e unha “Banca ética”, onde se venderos determinados obxetos (bolsos, carteras, bisutería…) entre 0.5€ e 2€ para crear un fondo simbólico para terminar coa pobreza en Guatemala.O primer día (Luns 31 de Xaneiro) realizouse unha Presentación da exposición “O eterno feminino” levada a cabo por “Xosé Abad”, que mostrou unchas estupendas fotos de gran calidade e moi representativas, claramente dignas de ver. Nesta exposición, Xosé Abad explicou o gran poder que ten a muller en Guatemala, desenvolvendo un papel revolucionario ante todas a adversidades que lles toca vivir a elas e á súa sociedade.Foi unha charla presenciada polos alumnos de Bacharelato, Ciclo superior Administrativo, 3º e 4º de ESO.No IES Terra de Trasancos podemos encontrar unha exposición coas suas foto polos pasillos. O segundo día (Martes 1 de Febreiro ) tivo lugar unha charla levada a cabo por David Balsa, onde explicaba a situación actual que está vivindo Haití, fancendo unha breve historia de Haití, de como chegou a catastrófica situación que está vivindo e as consecuencias que tódolos cambios que se produciron las últimas décadas.Esta charla estivo encaminada aos alumnos de Ciclos e a 1º e 2º da ESO.Mostrándolles ademáis os videos de “Obxectivos do milenio”(Obx,1 e obx.2), obxetivos dedicados a conseguir cambiar distintas situacións para o ano 2015.O tercer día (Mércores 2 de Febreiro) fíxose una presentación do proxecto “Emprendedores Solidarios”, onde se explicou o proxecto co que se gañou o Premio Vicente Ferrer 2010 de educación solidaria.Esta charla foi realizada para alumnos de CICLOS e PCPI .O cuarto (Xoves 3 de Febreiro) presentouse un video donde se viron outros proxectos gañadores do premio Vicente Ferrer 2010 titulado “Bajo dos miradas”.Feito para alumnos de 3º e 4º ESO-Monfero solidario“Virxe da Cela” de Monfero (A Coruña). Proxecto premiado na 1º edición do Vicente FerrerPARA: 1º e 2º ESO HORA: 12,10O último día (Venres 4 de Febreiro) os profesores do centro Manuel Rivera, e Alfredo Fernández levaron a cabo uncha charla explicándonos a sía viaxe a “Cartagena de Indias”Charla para os alumnos de Bachillerato.




Unha mostra máis de que con un pequeno xesto todos podemos unirnos a favor da solidariedade.
Para poder ver o artículo no que se mostra esta aportación contra a pobreza por parte do IES TERRA DE TRASANCOS pincha aqui
Miriam Iglesias Fernández,2ºBach.

No hay comentarios: