lunes, 21 de febrero de 2011

COOP57 GALICIA

Coop57-Galicia xa é unha realidade. O pasado 30 de maio, no Centro Sociocultural en Santiago de Compostela, desenvolveuse a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, a quinta sección territorial dun proxecto cooperativo que medra en rede. No acto participaron ata 16 entidades do mundo cooperativo galego e os socios colaboradores, acompañados por membros doutras entidades e por persoas interesadas en incorporarse ao proxecto nun futuro inmediato.
Membros das seccións catalá, aragonesa, madrileña e andaluza de Coop57 tamén estiveron presentes para acompañar o nacemento, que arranca para poñerse ao servizo da economía social e solidaria galega.

COOP57 desenvolve a súa actividade baseándose nos principios da banca ética:
Evitan a contradición de que o seu diñeiro poida estar financiando proxectos contraditorios cos seus principios éticos e sociais como, por exemplo, a industria armamentística, as centrais nucleares, a explotación infantil, os réximes ditoriais, etc.).
Compatibilizan o rendemento financeiro e o rendemento social. Un non pode ir disociado do outro.
Fomentan a responsabilidade dos inversores aforradores, como cidadáns, nas súas operacións financeiras. Fan da participación na política das entidades socias e os socios colaboradores un dos seus sinais de identidade. En definitiva, pretenden recuperar o control dos seus aforros e recursos económicos.
Aplicamos unha absoluta transparencia na xestión da entidade, tanto na concesión dos préstamos como nas investimentos
Toda entidade socia e todo socio colaborador sabe perfectamente para qué serven os seus recursos.
Publican dúas veces ao ano un boletín informativo electrónico onde se inclúe a lista de préstamos acordados con cada entidade beneficiada, así como o volume e a duración de cada préstamo.
As entidades socias e os socios colaboradores saben que o seu diñeiro contribúe a construír unha economía mais humana e solidaria.
Reflexionan continuamente sobre os principios que deben orientar a súa acción. Entenden o comportamento ético como un proceso.


Uns exemplos dos destiatarios dos fondos serían entidades socias de COOP57 (cooperativas, asociacións, fundacións, ONG e entidades da economía social en xeral…).
Unha das condicións para acceder a este servizo son as operacións de compra-venta de servizos e/ou produtos entre entidades socias de COOP57.
As condicións de reembolso son Flexibilidade en cada préstamo, adaptado ás necesidades de quen o solicita, posibilidade de reembolso anticipado.

No hay comentarios: