O
florecemento en Galicia nos últimos anos de múltiples experiencias no
eido da economía social, alternativa e solidaria, nos eidos do comercio
xusto, o cooperativismo de consumo e o agrario, a banca ética, etc. fai
que se realicen unhas xornadas onde se poidan analizar a fondo e
visibilizar o fenómeno da Economía Social, alternativa e soliaria. así
como as súas experiencias, dende diversas visións tanto a nivel estatal
como galego.
O curso está organizado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Contínua daUniversidade de Santiago de Compostelaen colaboración con Panxea e desenvolverase os días 11, 12 e 13 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas
O
número de prazas é limitado. Para poder obter os certificados de
aproveitamento só se poderá faltar ao 10% das horas totais do curso. É
obrigatoria a entrega dunha memoria final dunha estensión mínima de 400
palabras.
Anexos
Ligazóns
- Matrícula en liña [Actualizado: 7/10/11]
No hay comentarios:
Publicar un comentario