martes, 2 de junio de 2009

Nace Coop 57 Galicia

CONSTITÚESE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA COOP57GALICIA, COOPERATIVA DE SERVIZOS FINANCEIROS ÉTICOS E SOLIDARIOS.

O sábado 30 de maio, entre as 11:00 e as 14:00 horas, tivo lugar no Centro Sociocultural O Castiñeiriño de Santiago de Compostela a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, unha nova cooperativa de servizos financeiros que nace co fin de fomentar o aforro solidario e o investimento ético para desenvolver proxectos de economía social e solidaria.

Acudiron ao evento as persoas representantes das 16 entidades do ámbito asociativo e cooperativo que actúan como socias de servizos promotoras do proxecto, así como vintecinco socias colaboradoras –persoas físicas ou xurídicasque sen ser destinatarias dos servizos da cooperativa, achegan os seus aforros para axudar a financiar os proxectos que se presenten. Asistiron tamén representantes de outras entidades do ámbito asociativo, así como persoas que a título individual participaron no proceso previo á constitución e que prevén a súa incorporación nun futuro. Asimesmo, estivo presente unha representación das seccións territoriais de Coop 57 de Cataluña, Aragón, Madrid e Andalucía.
No acto levouse a cabo unha presentación retrospectiva de Coop57, seguida da intervención dos representantes das seccións territoriais. A continuación, as persoas representantes das entidades socias de servizos promotoras da sección territorial galega fixeron unha breve presentación para, de seguido, proceder á constitución de Coop57 GZ, e á aprobación dos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno. Finalmente, foron escollidos os cargos do Consello de Sección, os representantes de Coop57 GZ no Consello Reitor de Coop57 e os integrantes da Comisión Social e Comisión Técnica.
O acto rematou cunha comida de confraternidade no Restaurante Paz Nogueira.

Para mais información sobre Coop57 Galicia, pode poñerse en contacto con Ramón Carmelo Rodríguez, na Federación de Cooperativas Sinerxia - www.sinerxia.org -, a través do correo-e : rcarmelo@sinerxia.org e/ou nos teléfonos 986 896 526 e 986 862 887.

Para unha información xeral de Coop57 e das suas Seccións Territoriais pódese visitar o sitio web www.coop57.coop .





http://picasaweb.google.com/susofer/Coop57#5342437835415396354

lunes, 1 de junio de 2009

Video sobre alimentación e riqueza

Video sobre a comida, a fame e a distribución da riqueza










This film is about the hunger and poverty brought about by Globalization. There are 10,000 people dying everyday due to hunger and malnutrition. This short film shows a forgotten portion of the soc...
This film is about the hunger and poverty brought about by Globalization. There are 10,000 people dying everyday due to hunger and malnutrition. This short film shows a forgotten portion of the society. The people who lives on the refuse of men to survive. What is inspiring is the hope and spirituality that never left this people. Directed by: Ferdinand Dimadura, 2005
Categoría: Noticias y política