Mostrando entradas con la etiqueta Educación para o desenvolvemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación para o desenvolvemento. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de febrero de 2011

Videoclip Ay Haiti



Alba Permuy Veiga

Haití

Haití,
El terremoto de Haití de 2010 fue registrado el 12 de enero de 2010 con una intensidad de 7,0 en la Escala de Richter, causando efectos devastadores sobre el país mas pobre de América Latina, ya que fallecieron 316.000 personas, 350.000 más quedaron heridas, y unos 2 millones de personas se quedaron sin hogar. Considerándose, de este modo, una de las catástrofes humanitarias más graves de la historia.


Además no ha habido una coordinación a la hora de retirar los escombros y retirar los cadáveres, atender los heridos, etc. En consecuencia, los cadáveres han sido abandonados en las calles, lo que ha provocado la aparición de enfermedades como la malaria o la cólera.debido a la escasez de agua potable y combustibles, el dinero ha dejado de ser útil en Haití utilizando el trueque de agua y gasolina medio de cambio.Cuando se cumple un año del terremoto de Haití, Asamblea de Cooperación por la Paz quiere reafirmar su compromiso con un país devastado y abrumado por unas circunstancias que no tienen nada que ver con la identidad de un pueblo capaz de reinventarse a si mismo y plantar cara a la adversidad.




jueves, 27 de enero de 2011

Sema de Educación para o desenvolvemento 31 Xaneiro - 4 Febreiro


ACTIVIDADES PERMANENTES : TODA A SEMA


Exposición fotográfica " O eterno feminino" de Xosé Abad



“Non son fotos. Son ventás. Xosé Abad abre ventás a realidades que sempre están aí , aínda que non poidamos velas. Realidades protagonizadas por mulleres que nunca desfalecen e que,aínda que ó ollo pouco atento poidan parecerlle as grandes perdedoras da Historia, en verdade sustentan, co seu heroísmo cotiá, os poucos logros que valen a pena da propia Historia que ameaza con arrasalas. […]
Maruja Torres


Semá do troco en Trasancos



Trátase de intercambiar uns obxectos por outros, non se merca nada, non fan falla cartos. Cando vexas algo que te interese deberás falar co propietario e ofrecerlle a túa propia mercancía para intercambiar (sempre é indispensable para levar algo deixar algo)


Banca Ética


Proposta para constituir un grupo de traballo que xestione un fondo de aforro ético para desenvolver proxectos solidarios




Luns 31 de Xaneiro


Presentación da exposición “O eterno feminino”

Ponente o autor: “ Xose Abad”

Para: BACHARELATO HORA: 12,30


Presentación “Banca ética”

Ponentes alumnas do Ciclo superior Administrativo

Para 3º e 4º de ESO

HORA: 11,20




Martes 1 de Febreiro





Situación actual de Haití


Ponente: David Balsa


Para CICLOS HORA:11,20


Obxectivos do milenio

· ODM 1: ERRADICAR LA POBREZA EXTREMA,

· ODM 2: EDUCACIÓN PRIMARIA UNIVERSAL

Proxección de Vídeos sobre obxectivos de milenio

FONTE: http://www.historiasdelmilenio.com


Para

1º ESO-HORA: 16,10

2º ESO-HORA: 17,20


Mércores 2 de Febreiro



Presentación proxecto “Emprendedores Solidarios “

PARA: Novos alumn@s de CICLOS E PCPI HORA:12,30



Xoves 3 de Febreiro


Presentación de proxectos do premio Vicente Ferrer 2010

PARA: 3º, 4º ESO HORA: 11,20



Monfero solidario

“Virxe da Cela” de Monfero (A Coruña). Proxecto premiado na 1º edición do Vicente Ferrer

PARA: 1º e 2º ESO HORA: 12,10


Venres 4 de Febreiro


Vivencias en “Cartagena de Indias”


PARA: BACHARELATO

HORA 11,20

viernes, 10 de diciembre de 2010

"Emprendedores solidarios" no Foro Mundial de Educación


Co proxecto "emprendedores solidarios" no que participa a Mesa de Coperación de Euroeume, o IES Terra de Trasancos participa este Sábado 11 de Decembro de 10,30h a 1h na Facultade de Económicas no Foro Mundial de Educación (FME)


Que é o Foro Mundial de Educación?

O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía
planetaria e polo dereito universal á educación. Constitúese nun espazo de
constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante
proxectos de educación popular –formal ou informal– e de enfrontamento
ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas
ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social
Mundial (FSM).

Por primeira vez en Europa

O Foro Mundial de Educación de Santiago de Compostela celebrarase entre o
10 e o 13 de decembro de 2010, dentro dos eventos programados baixo o paraugas
do Foro 2010 . Terá carácter temático, de xeito que as actividades autoxestionadas
ao seu redor xiraran en torno á educación, a investigación e a cultura de paz.
É a primeira vez que o Foro Mundial de Educación chega a Europa, coincidindo
ademais co 10º aniversario do Foro Social Mundial (FSM).

A metodoloxía do Foro Mundial de Educación

Como todos os Foros adsquitos ao FSM, o FME funciona de maneira autoxestionada
e autoorganizada, polo que existen cotas de inscrición para garantir o maior
autofinanciamento posíbel.
Ademais, as actividades a desenvolver –e os seus formatos– son propostas polas
organizacións participantes.

Quen organiza?

O Foro Mundial de Educación Investigación e
Cultura de Paz é un evento enmarcado baixo o paraugas
do Foro 2010, un gran contedor de eventos e actividades
a nivel mundial ao redor da Cultura da Paz, que
terán lugar en Santiago de Compostela en decembro de
2010. É unha iniciativa promovida orixinalmente polo
Seminario Galego de Educación para a Paz e pola
Fundación Cultura de Paz que conta, desde o seu inicio,
co apoio de gran número de organizacións sociais, así
como do Consello Internacional do Foro Mundial de
Educación. Apoiando a iniciativa existe un Comité de
Honra, un Comité Organizador de entidades peninsulares
e un Subcomité local galego.


SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 e 981 561 956
www.foro2010.org | paz@sgep.org
INFORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN:
info@foro2010.org (Tel. 686 021 933)

FONTE: FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN