Que é o Foro Social?
O Foro Social “é un espazo aberto de
encontro para: intensificar a reflexión, realizar un debate democrático
de ideas, elaborar propostas, establecer un libre intercambio de
experiencias e articular accións eficaces por parte das entidades e os
movementos da sociedade civil que se opoñan ao neoliberalismo
e ao dominio do mundo polo Capital ou por calquera forma de
imperialismo e, tamén, empeñados na construción dunha sociedade
planetaria orientada cara a unha relación fecunda entre os seres humanos
e destes coa Terra”[*].
O Foro Social é un espazo de encontro,
confrontación de ideas e colaboración dos movimentos e persoas, a nivel
mundial, que acreditan que un outro mundo é posíbel e, cada día con máis
urxencia, necesario.
Na nosa comarca, a crise económica
vomitada polo capital financeiro na súa enchente especulativa, os
problemas medio ambientais, o camiño cara á marxinación e á pobreza por
onde van transitando cada vez mais sectores da nosa sociedade, a
restrición de dereitos … precisan dun esforzo colectivo para facer-lles
frente e dar-lle a volta.
O "Foro Social de Ferrol Terra" pode
ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro
de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de
colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva
que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén
na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan
das novas corporacións, e que debemos afrontar.
O movemento ecoloxista, o sindical, o
feminista, o veciñal, o cultural; as distintas plataformas que actúan en
Ferrol Terra (a da defensa da sanidade pública, a da defensa da Ría, o
Comité Cidadá de Emerxencia, a da Auga, a da defensa da Lingua, a da
defensa do Pico Vello, a do Tren, …); o movimento 15M
dos indignad@s; o Mercadiño do Troco, a Masa Crítica de Ferrol Terra,
Rádio Filispim; o movimento libertario; a Comisión Veciñal para a
promoción da participación cidadán; as persoas con vínculos partidarios …
podemos encontrar neste espazo, tres días para reflexionar e trazar,
dentro da diversidade, un camiño común para comezar con máis forza este
outono que se nos presenta enchido de obxectivos e de loitas, que non
nos podemos dar o luxo de perder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario