Fonte: Radiofusión
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=2954
As Peras máis máxicas e espectaculares
En lugar de cinco, sete. As festas das Peras que tradicionalmente se celebran en Pontedeume do 7 ao 11 de setembro, amplianse este ano en dous dias. Como o dia 7 coincide en luns, as actividades comezarán xa o sábado dia 5.
O club Firrete organiza o sábado a baixada do río Eume. Na entrega de premios na Praza Real interpretará unhas pezas o grupo Faltriqueira. No acto reclamaráse a construcción dunha infraestructura adecuada para o club de piraguismo. Faltriqueira volverá actuar o domingo ás dez da noite na Alameda. O paseo o dia do concurso de froitas, a cucaña, a saída dos mómaros e o descenso do rio son momentos máxicos e espectaculares. O luns a investigadora Maria Fidalgo pronunciará o pregón das festas. O martes 8 celébrase o dia da cucaña, o mércores 9 o cocurso de froitas e o xoves 10 a sesión de fogos de artificio. As festas das Peras rematarán o venres dia 11 coa xira ao río Eume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario