jueves, 19 de enero de 2012

Representación Solidaria do IES Terra de Trasancos no Arquitecto Marcide

Sofía, Dani, Alba, Noa, Thalía e Fiz,fixeron a representación e a maxia no Hospital Arquitecto Marcide, foron a representación do colectivo de alumnas /os que participan nas actividades solidarias do Intituto.


 


Finalidade do traballo

Este proxecto consiste na lectura de textos solidarios acompañada de música e interpretación. Está destinado especialmente a persoas maiores socias das cooperativas de consumo do territorio e rapaces enfermos en hospitales do noso contorno, pero estará aberto a toda a comunidade en xeral, evitando calquera tipo de discriminación. Como contrapartida propoñemos as cooperativas participantes que destinen unha cuantía do seu Fondo de Obras socias ( Na cantidade que eles estimen ) e/ou axuda técnica voluntaria nos proxectos solidarios que desenvolvamos no Instituto con paises do Sur ( America do Sur e África prioritariamente ) Os alumnos/as participan con voz e voto na comisión creada para establecer os proxectos aos que destinaremos os fondos obtidos coa actividade cooperativizada ( Fondo de finanzamento ético ). As cooperativas que participen no proxecto poderán participar con voz e voto e implicarse como elas mesmas estimen nos proxectos de desenvolvemento co Sur.  

Obxectivos educativos

  • Fomentar o traballo en equipo, e a axuda mutua como ferramentas para mellorala calidade do ensino • Potenciar os procesos de socialización, , a adquisición de competencias sociais, a relativación dos puntos de vista,o incremento das aspiracións persoais e o rendemento académico. • Familiarizar ao alumnado cos procesos de emprendemento social e introducilo dende novo nestas dinamicas • Promover a reflexión individual e colectiva , a democracia participativa e a responsabilidade solidaria. • Fomentar unha dimensión internacional e unha perspectiva global da educación en todolos seus niveis e formas. • Implemetar na aprendizaxe metodoloxías activas, animando á formación participativa.

Obxectivos cooperativos

• Fomentar a relación directa entre o noso alumnado e as cooperativas do contorno. A gran maioría das familias do noso alumnado teñen unha relación directa ou indirecta coas cooperativas de consumidores do noso contorno Cooperativa de Meiras, Cooperativa do Val, Cooperativa Xoaniña . • Traballar no proxecto poñendo en práctica os principios cooperativos da ACI (Adhesión voluntaria e aberta, xestión democrática por parte dos participantes, participación dos alumnos/as e profesores/as , autonomía e independencia, educación, formación e información, intercooperación e Interés pola comunidade ) para que alumnado e profesorado vaian adquirindo valores e aptitudes cooperativas.

Obxectivos solidarios

• Introducir ao alumnado na educación para o desenvolvemento mediante metodoloxías de Investigación- Acción – Participación • Explorar as posibilidades do cooperativismo como ferramenta nos procesos solidarios • Fomentar que o alumnado teña poder de decisión nos proxectos de cooperación e adquira coñecementos no uso e xestión dos recursos destinados a procesos solidarios. • Promover a solución das necesidades mediante a posta en marcha de proxectos de emprendemento social

Metodoloxía

IAP ( Investigación - Acción - Participación )
1.- Investigación Permanente ..... Grupo de traballo profesorado -- Apoio ONGD
2.- Acción : Proxecto: Le ,canta achégate e coopera : 4º ESO -- Lectura solidaria Marcide
3.- Participación: Implicación do alumnado - ESO Bach FP
4.- Investigación IES Alumnado --- Obxectivos do milenio : Pobreza e sanidade pública (OM1) , Mortalidade infantil (OM4), Mortalidade materna (OM5), , Combatelo SIDA (OM6), Bach., FP .ESO
5.- Acción : Participar nun programa de cooperación internacional implicando a inmigrantes de Ferrolterra

No hay comentarios: