martes, 27 de septiembre de 2011

Foro Social Ferrolterra

Foro Social Ferrolterra

Que é o Foro Social?
O Foro Social “é un espazo aberto de encontro para: intensificar a reflexión, realizar un debate democrático de ideas, elaborar propostas, establecer un libre intercambio de experiencias e articular accións eficaces por parte das entidades e os movementos da sociedade civil que se opoñan ao e ao dominio do mundo polo Capital ou por calquera forma de imperialismo e, tamén, empeñados na construción dunha sociedade planetaria orientada cara a unha relación fecunda entre os seres humanos e destes coa Terra”[*].
O Foro Social é un espazo de encontro, confrontación de ideas e colaboración dos movimentos e persoas, a nivel mundial, que acreditan que un outro mundo é posíbel e, cada día con máis urxencia, necesario.
Na nosa comarca, a crise económica vomitada polo capital financeiro na súa enchente especulativa, os problemas medio ambientais, o camiño cara á marxinación e á pobreza por onde van transitando cada vez mais sectores da nosa sociedade, a restrición de dereitos … precisan dun esforzo colectivo para facer-lles frente e dar-lle a volta.
O "Foro Social de Ferrol Terra" pode ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan das novas corporacións, e que debemos afrontar.
O movemento ecoloxista, o sindical, o feminista, o veciñal, o cultural; as distintas plataformas que actúan en Ferrol Terra (a da defensa da sanidade pública, a da defensa da Ría, o Comité Cidadá de Emerxencia, a da Auga, a da defensa da Lingua, a da defensa do Pico Vello, a do Tren, …); o movimento dos indignad@s; o Mercadiño do Troco, a Masa Crítica de Ferrol Terra, Rádio Filispim; o movimento libertario; a Comisión Veciñal para a promoción da participación cidadán; as persoas con vínculos partidarios … podemos encontrar neste espazo, tres días para reflexionar e trazar, dentro da diversidade, un camiño común para comezar con máis forza este outono que se nos presenta enchido de obxectivos e de loitas, que non nos podemos dar o luxo de perder.

No hay comentarios: