jueves, 17 de marzo de 2011

Ecotrasancos: Xornadas sobre Muller - traballo -inmigración

Ecotrasancos: Xornadas sobre Muller - traballo -inmigración: "Con motivo do día da muller o próximo día 23 ás 12:30 organizaremos unha mesa redonda coa intervención de mulleres inmigrantes que residen en Galicia.
A mulleres que nos contarán ás súas experiencias son:
  • Goretti, de 27 anos, natural de Kerala, provincia de Ermagula, India. Vive en Galicia dende fai 3 anos e medio.
  • Kouma, de 27 anos, de nacionalidade saharaui, residente en Galicia dende hai 8 anos.
  • Ana María Piedrabuena, de Montevideo, Uruguay. Residente en Galicia dende hai 5 anos e medio.
  • Rockelini, de 33 anos, natural de Bahía, Brasil. Chegou a Galicia fai 3 anos e medio.
  • Anne Marie, de 26 anos, natural de Kinsasa, Congo. Chegou a Galicia fai 3 anos e media.
Este ano celebramos o centenario daquel primeiro Día Internacional da Muller en 1911, no que máis de un milleiro de mulleres e homes europeos participaron para reclamar o dereito ao voto, a ocupar cargos públicos e o fin da discriminación laboral.
Aínda xa pasado o día 8 de marzo, vanse levar a cabo no centro distintas actividades para reflexionar sobre a situación da muller. Entre elas, unhas XORNADAS DE LECTURA en torno á muller.
Alumnos e alumnas do grupo de Lectores Solidarios do centro intercambiaranse nos grupos para ler unha selección de textos sobre a muller para os seus compañeiros.
Entre eles están os que figuran a continuación, que están á vosa disposición na biblioteca do centro. Premendo nas ligazóns accederedes a información de interese sobre títulos e autores, así como ás portadas dos libros.

Na biblioteca haberá tamén unha exposición de obras de protagonismo feminino

No hay comentarios: