viernes, 10 de diciembre de 2010

"Emprendedores solidarios" no Foro Mundial de Educación


Co proxecto "emprendedores solidarios" no que participa a Mesa de Coperación de Euroeume, o IES Terra de Trasancos participa este Sábado 11 de Decembro de 10,30h a 1h na Facultade de Económicas no Foro Mundial de Educación (FME)


Que é o Foro Mundial de Educación?

O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía
planetaria e polo dereito universal á educación. Constitúese nun espazo de
constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante
proxectos de educación popular –formal ou informal– e de enfrontamento
ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas
ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social
Mundial (FSM).

Por primeira vez en Europa

O Foro Mundial de Educación de Santiago de Compostela celebrarase entre o
10 e o 13 de decembro de 2010, dentro dos eventos programados baixo o paraugas
do Foro 2010 . Terá carácter temático, de xeito que as actividades autoxestionadas
ao seu redor xiraran en torno á educación, a investigación e a cultura de paz.
É a primeira vez que o Foro Mundial de Educación chega a Europa, coincidindo
ademais co 10º aniversario do Foro Social Mundial (FSM).

A metodoloxía do Foro Mundial de Educación

Como todos os Foros adsquitos ao FSM, o FME funciona de maneira autoxestionada
e autoorganizada, polo que existen cotas de inscrición para garantir o maior
autofinanciamento posíbel.
Ademais, as actividades a desenvolver –e os seus formatos– son propostas polas
organizacións participantes.

Quen organiza?

O Foro Mundial de Educación Investigación e
Cultura de Paz é un evento enmarcado baixo o paraugas
do Foro 2010, un gran contedor de eventos e actividades
a nivel mundial ao redor da Cultura da Paz, que
terán lugar en Santiago de Compostela en decembro de
2010. É unha iniciativa promovida orixinalmente polo
Seminario Galego de Educación para a Paz e pola
Fundación Cultura de Paz que conta, desde o seu inicio,
co apoio de gran número de organizacións sociais, así
como do Consello Internacional do Foro Mundial de
Educación. Apoiando a iniciativa existe un Comité de
Honra, un Comité Organizador de entidades peninsulares
e un Subcomité local galego.


SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 e 981 561 956
www.foro2010.org | paz@sgep.org
INFORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN:
info@foro2010.org (Tel. 686 021 933)

FONTE: FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN

No hay comentarios: