miércoles, 8 de abril de 2009

A crise é os economistas

Todos sabemos que estamos ante unha grave crise económica, pero desgraciadamente non somos conscientes moitas veces do calado e a magnitude da crise. Os Economistas temos bastante responsabilidade nesto, basta con mirar a información económica para darnos conta de que a maioría dos analistas fala da crise en termos financeiros ( resulta certo que vivimos unha grave crise financeira, moi traballada a base de irresponsabilidade e avaricia) agora a maioría está pronosticando en que medida esta crise dos mercados financeiros afectará á Economía real e cal será o nivel de paro ( A crise de emprego esta a ser devastadora, mais ainda se incorporamos a tódolos autónomos que están a perder o posto de traballo e toda a xente da Economía informal que está sufrindo un grande empeoramento das condicións de vida), xa moitos Economistas da Economía alternativa están a ollar tralo fume da crise financeira e as primeiras lapas do nivel de paro,ainda que de forma "pouco visible" ( teñen pouco espazo nos grandes medios de comunicación )danlle voltas aos límites do crecemento do planeta, e ao derroche dos últimos anos.

Non entro nesta páxina a valorar a situación dos recursos non renovables ( combustibles fósiles ). So unha breve reflexión polos recursos renovables, Os economistas ortodoxos están en problemas, e o malo é que todos estamos no mesmo barco que eles , pois están a deixar fora dos seus cálculos dúas variables importantes:. O custo actual que representa a destrución acelerada dos recursos chamados renovables (bosques , auga , capa superior do solo , o peixe etc. ),tamén a forma na que xestionamos estos recursos na produción, pois seguramente a contaminación que xeramos na transformación faga en moitos casos inviable o uso, antes do esgotamento e en segundo lugar custo para o futuro ( so cuantificamos o valor futuro do diñeiro e dos investimentos ) por exemplo “ ¿canto vale a reserva xenética dos bosques tropicais?”

Non quero pintar un futuro catastrófico , son optimista, creo que en todo o planeta estase a traballar por un novo modelo económico mais racional, responsable e solidario. So fai falla un esforzo para intentar colaborar e asociarnos, a gravidade da crise actual esíxenos este acto de xenerosidade e a busca de alianzas con tódalas persoas con sentido común


Nesta limnea están todos os Economistas “verdes” moitos aprendemos cun libro básico “ O pequeno é fermoso de E. F. Schumacher . Coa morte de este pensador creouse a Fundación Shumacher que traballa activamente por un desenvolvemento racional da Terra nesta páxina podemos atopar ideas e reflexións de moito valor para buscar solucións a crise planetaria actual.
Outra páxina de moito interese é a de ALOE Alianza por unha Economía responsable, plural e solidaria. Non ten desperdicio, esta chea de documentos, novas de enlaces de moito interese, e ten a vantaxe de estar en tres linguas ( Inglés, Francés e Castelán ),unha alianza de innovadores, empresarios, activistas, investigadores e responsables de elaborar políticas públicas que colectivamente visualizan unha economía responsable, plural e solidaria (ERPS).





Non falla o bo humor, así o economista David Brower da Sociedade E.F. . Schumacher comentaba unha cita do propio Fritz Schumacher, cando era profesor en Marin, California, contaba este conto na clase : Había tres persoas discutindo sobre que profesión era a mais antiga. O médico dixo: "A miña é a mais antiga, pois foi necesaria para chegar a Eva de Adán." O arquitecto dixo: "Pero houbo un arquitecto para construír un universo a partires do Caos." O economista dixo: "¿ E quén cree vostede que creou o caos?

No hay comentarios: