miércoles, 11 de junio de 2008

Tejiendo redes en Jujuy Argentina



Participou Euroeume no Intercambio de experiencias de grupos de acción local en Jujuy . Os grupos rurais Españois aportaron a súa visión sobre os programas de desenvolvemento territorial, e as transformacións que ocasionaron nos seus territorios, establecendo un proceso de intercambio coas experiencias dos grupos latinoamericanos . Os anfitrións foron os grupos de Tumballa e Tilcara

En “Villa Florida”


Visitamos experiencias de talleres artesanais onde elaboraban prendas de la de ovella e llama , estes talleres están nas propias vivendas das familias e neles traballan todos dende os mais pequenos ata os mais maiores.



Sorprendeume a xenerosidade e simpatía da xente, a alegría e acollemento con que nos recibiron, non houbo casa onde non nos invitaran a pasar, a unha infusión, a unha empanadiña ou ao que tiveran nese momento.


Tivemos ocasión de coñecer directamente o espírito emprendedor , como nacen casas de turismo rural moi modestas pero ben orientadas de cara ao público que teñen ao seu alcance, estudantes das cidades, “mochileiros” e en xeral persoas que buscan un teito para pasala noite sen moitas esixencias. Esperemos que poidan melloralas infraestruturas e a calidade dos aloxamentos para poder chegar a todo tipo de público, dende logo calidade humana e simpatía sóbralles.


Se tedes ocasión de ir a Latinoamerica a visita a Villa Florida é imprescindible

Paisaxe Villa florida

Vista da quebrada dende o barrio da Falda en Villa Florida

Falamos e intercambiamos ideas formalmente nos talleres e informalmente charlamos cos axentes do desenvolvemento e a poboación en xeral. Sempre mesturábamos traballo cunha celebración, un convite, unha comida ou unha festa nocturna , penso que este “coctel” funcionou perfectamente.Resultoume especialmente sorprendente a participación da poboación local maioritariamente feminina e indíxena no grupo de Tilcara . Aprendemos que na súa cultura ten moita importancia o traballo colectivo que chaman “comunitario”, onde mais puidémolo apreciar foi na convivencia coa comunidade de Yacoraite .